Thursday 02 de May de 2024

O alcalde chama á cidadanía a concentrarse a prol do novo centro de saúde de Mera


Unha carta aberta dirixida ás entidades do norte do municipio e unha moción no Pleno razoando a necesidade de requirir á Xunta para que converta a Casa do Mar en centro de saúde serviron ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, para animar á participación na concentración do domingo 28 de xaneiro ás 13:00 horas diante da Casa do Mar de Mera.

García Seoane resume en tres puntos as reclamacións: ampliar o consultorio, mellorar pediatría e incorporar outras especialidades como saúde mental, radioloxía, nutrición, fisioterapia ou rehabilitación.

“Dexo, Serantes e Maianca precisan unha atención sanitaria de calidade e proximidade para atender non só aos 5.000 veciños e veciñas actuais, senón á nova veciñanza, xa que son parroquias en clara expansión e cunha poboación que no verán medra considerablemente”, conclúe o alcalde.